40 propuestas por una Vivienda Digna
 
A PLATAFORMA POR UNHA VIVENDA DIGNA
 
Ladrillazo
"Todas as persoas españolas teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e estabelecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos (Art. 47 Constitución Española)"
 
Esta iniciativa cidadá apartidista e sen ningunha afinidade ideolóxica concreta, xorde espontaneamente da idea de que a xente nova, e a non tan nova, temos parte de culpa da irracionalidade que estamos sufrindo en materia de vivenda. Un principio recollido na Constitución é o acceso a unha vivenda digna e non o estamos a defender axeitadamente.
 
Este dereito lévase vulnerando dende hai moito tempo sen que ningún goberno, até agora, puxera en marcha medidas reais para protexelo, como deben facer segundo a Carta Magna. E visto o visto, se nós non defendemos o seu cumprimento, ninguén o fará no noso lugar, xa que son moitos axentes implicados, e moi poderosos, os que inventaron este novo xeito de escravitude e están a beneficiarse a costa do futuro íntegro de moitas persoas: bancos, construtoras, axencias inmobiliarias, concellos...
 
Un dos mecanismos que nos dá a democracia para reclamar os nosos dereitos non protexidos é a manifestación. Con esa intención estamos a organizar sucesivas mobilizacións e actos nos que, cando menos, se nos escoite. Se cadra conseguimos que as distintas instancias do goberno lexislen en contra da especulación inmobiliaria e consigan freala, ou se cadra, pero o que si é seguro é que despois de nos escoitaren, teranos máis en conta e non exercitarán a pasividade que teñen demostraron neste asunto durante estes últimos anos. Ti tamén tes que facer algo.
 
ÚNETE A NÓS !
 
Mani 2004
COLABORA !

A Plataforma por unha Vivenda Digna é unha asociación de ámbito estatal inscrita no rexistro nacional de asociacións co número 588195, que leva dende finais de 2003 loitando por unha vivenda digna e accesíbel e por un urbanismo máis xusto e sostíbel á medida dos cidadáns e das cidadás. Se estás de acordo coas nosas bases de traballo e a túa comunidade autónoma non figura nesta listaxe, se desexas que tamén participe das accións que xa se están a desenvolver a nivel estatal e resides nalgunha das súas principais capitais, ponte en contacto connosco e axudarémosche a comezar.

Se es webmaster tamén podes axudarnos moito dándonos a coñecer a outras persoas. Velaquí tes os nosos logotipos para incluír o enlace a www.viviendadigna.org na túa web.

 
Número de conta corrente en Triodos para achegas e doazóns:
1491-0001-23-0020002747
 

© 2003-2012 . Plataforma por unha Vivenda Digna. Aviso legal.

RECENTES DOCUMENTOS Y COMUNICADOS

La PVD denuncia una ayuda encubierta a los bancos de 100.000 mill.
Quejas por la falta de contestación del ICO
Los programas electorales son como tratar un cáncer con analgésicos
La PVD tacha de muy insuficientes propuestas de ayuda a hipotecados
Guía de denuncia para una vivienda digna (Guía - Formularios - Portada - Comunicado
Petición al ICO sobre sus intenciones en materia de VPO
Petición al INE sobre la vivienda vacía
El derecho básico para no quedar a la intemperie (Foro A.I)
Escrito al Ministerio de Fomento contestación sobre parque de alquiler
Escrito al Ministerio de Fomento información sobre parque de alquiler
La PVD reclama al Gobierno la Ley de Transparencia
Escrito al Ministerio de Presidencia pidiendo ley de transparencia
La PVD anima a secundar la huelga general y a participar de movilizaciones
Que la ministra anime a comprar vivienda en plena crisis es deplorable
Más comunicados y publicaciones »»